No corazón da comarca de O Ribeiro. Nacido dunha arraigada tradición vitivinícola. Seis anos de experimentación silenciosa.
En Marzo de 2017 constituimos Vinagres do Ribeiro S.L. porque queremos elaborar vinagres artesanáis, coa ilusión de asentar o noso proxecto no respeto dos valores propios do medio rural, patrimonio paisaxístico e medioambente, patrimonio etnográfico e arquitectónico, patrimonio histórico e cultural.
“Necesitamos especialmente da imaxinación nas ciencias. Non todo é matemática e non todo é simple lóxica. Tamén se trata dun pouco de beleza e poesía.”
Vinagres do Ribeiro s.l. nace como alternativa ó aproveitamento vitícola tradicional, dinamizando plantacións en semiabandono e buscando un cultivo responsable coa naturaleza, coa paisaxe e coa arqueoloxía rural.
Queremos por na mesa do consumidor gourmet e na cociña de autor, diversos gustos de vinagres selectos elaborados artesanalmente.
Vinagres do Ribeiro s.l. conxuga artesanía e creatividade que aportan unhas características organolépticas únicas, facendo partícipes ó degustalos, dun cultivo responsable co entorno e cos valores culturáis.
“A cousa máis fermosa que podemos experimentar é o misterio. É a fonte de toda arte e de toda ciencia.”
Vinagres aromatizados de viños producidos baixo a D.O. Ribeiro. Elaborados mediante métodos artesanáis con coidadoso respeto dos procesos naturáis de acetificación. Non foron sometidos a nengún sistema de estabilización ou sulfitado, co que co tempo poden observarse reaccións na garrafa que o acreditan coma un vinagre natural.
Vinagre de viño branco aromatizado con loureiro.
De cor ámbar con reflexos dourados. Equilibrado en nariz con intensidade aromática. As notas ácidas predominantes conxugan elegantemente coas notas froitáis. Meloso e agradable. Destacan os aromas especiados e de loureiro. Ideal para acompañar platos de pescados e mariscos e na elaboración de escabeches.
“Se non coñezo unha cousa, investigareina.”